Marinhas del Valhe, Xenaro

Marinhas del Valhe, Xenaro

Poeta e dramaturgo. Foi membro das Irmandades da Fala e o iniciador do teatro social en Galicia co volume A revolta e outras farsas (1965), en que se inclúen A revolta (Premio Castelao de Teatro Galego, 1965), A obriga e un conxunto de obras curtas baixo a denominación de Monifates, diálogos improvisados. O elemento distintivo da súa obra é a conciencia tráxica da existencia. Así, por unha banda están os dramas de carácter simbólico e pola outra pezas dunha vertente máis social. Publicou as pezas Pequena farsa dos amantes desencontrados (1968), Dúas pezas de teatro inerte: Os ausentes (1974), O bosque (1977), Acurrados (1981), Ramo Cativo (1990), o monólogo Home frouxo (1990) e A gaiola (1995). Tamén hai que considerar as farsas, entre as que destacan A serpe e a Pequena farsa..., e os textos máis experimentais e vangardistas como O triángulo ateo ou as Dúas pezas de teatro inerte. Membro da Real Academia Galega, publicou o estudo Importancia do público na revelación teatral (1978).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña

  • Deceso