Mariño, marquesado de
Mariño, marquesado de
[HIST/HERÁLD]
Título nobiliario concedido o 17 de decembro de 1703 por Filipe V a Antonio Mariño de Lobeira e Andrade, Lemos e Soutomaior, militar e cabaleiro da orde de Santiago. Cando morreu, o título quedou vacante ata 1921, ano en que foi rehabilitado por María Lourdes Cabeza de Vaca Carvajal, que ao morrer (1941), herdou o seu fillo Antonio Sartorius Cabeza de Vaca. En 1978 converteuse en IV marqués de Mariño, Vicente Sartorius Cabeza de Vaca , irmán do anterior. Desde 2002 o V marqués de Mariño é Luis José Sartorius Zorraquín , fillo de Vicente Sartorius. Ten por armas un escudo partido; o primeiro de prata, con tres faixas de azul, e o segundo, de sinople cunha cabeza de lobo, de ouro, sobre a que se colocou unha estrela.