Maritain, Jacques

Maritain, Jacques

Filósofo. Discípulo de Bergson, converteuse ao catolicismo baixo a influencia de Léon Bloy (1906). Representante do neotomismo, propúxose establecer unha metafísica cristiá, ontoloxicamente fundamentada, en oposición ao idealismo moderno, que servise para as cuestións teóricas e prácticas. Escribiu La philosophie bergsonienne (1914), Art et scolastique (1920), Elements de philosophie (1920-1923), Distinguer pour unir (1932), Humanisme intégral (1936), Le crépuscule de la civilisation (1941), La philosophie morale (1960) e Le paysan de la garonne (1966).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : París

  • Deceso

    Lugar : Toulouse