Marlowe, Christopher
Marlowe, Christopher
Dramaturgo e poeta inglés. Creou un teatro en que expoñía os seus ideais de autor renacentista e que se distinguía pola paixón que deu aos seus personaxes e pola incorporación da historia nacional á trama. Das súas obras destacan Tamburlaine the Great (1590), onde expresa o ideal de identificación coas ideas do Renacemento; Edward II (1594) e The Tragicall History of Doctor Faustus (1604), publicadas postumamente.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Canterbury, Kent -
Deceso
Lugar : Ceptford, Londres