maronita
maronita
-
[RELIX]
-
adx
Relativo ou pertencente aos maronitas.
-
s
Membro dunha comunidade relixiosa cristiá que se estableceu en Líbano, lugar co grupo máis numeroso. O nome deriva dos seguidores de san Marón (ss IV-V), anacoreta de Apamea. Parece que se mantiveron calcedonianos, estrictos e que se diferenciaron tanto dos monotelitas como dos calcedonianos que adoptaron o rito bizantino. Nos ss VIII e IX refuxiáronse en Líbano e Chipre.
-
adx
-
rito maronita
[RELIX]
Rito litúrxico propio dos maronitas, que consiste nunha variante do rito sirio ou antioquense.