Marot, Clément

Marot, Clément

Escritor francés. Foi un dos máis destacados do Renacemento francés, xa que o seu uso das formas e as metáforas na poética latina serviu de modelo a autores posteriores. Desligado parcialmente do retoricismo anterior, non abandonou de todo a tradición literaria medieval e introduciu en Francia o soneto italiano. Publicou Épigrammes, Épîtres, Élégies, Chansons e traduciu os Salmos.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Cahors

  • Deceso

    Lugar : Turín