Marquesas, illas
Marquesas, illas
Illas da Polinesia Francesa, no Océano Pacífico (1.274 km2; 8.064 h [1996]). Está formada por doce illas volcánicas, con altitudes que superan os 1.000 m. As máis importantes son Nuku-Hiva e Hilva-Oa. Destaca o traballo da madeira, seguido do cultivo de árbores froiteiras, cocos e tabaco. En 1791 o militar francés J. B. Marchand tomou posesión do territorio en nome do seu país e en 1842 proclamárono protectorado francés. Desde 1958 forman parte da Polinesia Francesa.