marrán -rrá

marrán -rrá

(< ár hispánico muḥarrám ‘prohibido’)

  1. s [ANIMAL]

    porco.

  2. adx e s

    Que ou quen amosa falta de limpeza ou hixiene no aspecto persoal ou ao facer as cousas.

  3. adx e s

    Que ou quen se comporta de xeito groseiro ou obsceno.

  4. s [HIST]

    Apelativo que, nos reinos cristiáns da Península Ibérica, se daba aos xudeus e musulmáns conversos ao cristianismo, especialmente se seguían practicando a súa relixión en segredo. Acusados de ser falsos conversos, os xuízos contra eles foron a principal actividade na que se centrou a Inquisición en España.