Marraquex

Marraquex

Capital da provincia homónima, situada en Marrocos (621.914 h [estim 1994]). É o centro comercial dos nómadas do Sáhara. Foi fundada en 1062 polo almorábide Yūsuf ibn Tašfīn e experimentou un gran desenvolvemento durante o dominio almohade. En 1269 foi dominado polos benimeríns. Despois dos gobernos sadita e alauita, durante o protectorado francés (1912-1956) foi administrado pola familia Glāwī. O derradeiro representante desta dinastía foi un dos instigadores da deposición do sultán Mu Palatino; ḥ ammad V en 1953. A súa medina foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1985).