Marrube, Santa María de

Marrube, Santa María de

Igrexa parroquial situada no Saviñao. Construída entre finais do s XII e comezos do s XIII, conta cunha nave de planta rectangular, muros de pequenos perpiaños e cuberta a dúas augas cun tellado de tella. A fachada presenta unha portada abucinada con tres arquivoltas de medio punto que se apoian en columnas con capiteis cúbicos. A espadana conta con dous vans e está rematada por un frontón con óculo. No interior consérvanse retablos con imaxes e pinturas murais do s XV.