Martin, John

Martin, John

Pintor. Instalouse en Londres en 1806 e expuxo na Royal Academy desde 1811. A súa obra Joshua Commanding the Sun to Stand Still (1816) converteuno no prototipo do paisaxista romántico que culminou con The Great Day of his Wrath (1852), The Final Judgement (1853) e The Plains of Heaven (1853). Inspirouse tamén en temas espectaculares da Antigüidade clásica e ilustrou o Paradise Lost de Milton (1824-1827).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Haydon Bridge, Reino Unido

  • Deceso

    Lugar : Douglas, illa de Man