Martin Campina

Martin Campina

Xograr, probablemente de orixe galega, conforme á súa colocación no Cancioneiro de Xograres Galegos. Estivo activo entre o segundo e o último cuarto do s XIII. Atribúenselle as cantigas “O meu amig’, amiga, vej’andar” e “Diz meu amigo que eu o mandei”, conservadas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. Estas composicións desenvolven o motivo da separación dos namorados e empregan a rima máis común na lírica galego-portuguesa (abbacc), distribuída en tres estrofas singulares de decasílabos.