Martín González, Eduardo
Pintor. Coñecido como Chelín, iniciou a súa formación artística na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando para completala no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Participou en grupos pitóricos que na Coruña trataban de renovar a linguaxe artística galega da década de 1970, como A Carón ou A Galga. A variedade estilística da súa obra permitiulle pasar de temáticas figurativas tradicionais como o retrato, a natureza morta ou a paisaxe a propostas abstraccionistas en que foron constantes os recursos xestuais, sígnicos ou expresionistas. O dominio das cores, o debuxo e unha certa estética xeométrica están presentes na produción máis recente de Chelín. Recibiu o Premio Díaz Pardo (1999 e 2000). Posúe obra nas coleccións de Caixanova, Fundación Once e no Museo Carlos Maside.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Coruña