Martinet, André

Martinet, André

Lingüista francés. Influído polo Círculo Lingüístico de Copenhague e polos behavioristas estadounidenses, sobre todo por L. Bloomfield, foi o principal representante da escola funcionalista francesa e o difusor dos métodos estruturalistas en Europa. Creou a Société internationale de Linguistique fonctionnelle (SILF) e a revista La lingüistique (1965), órgano oficial do funcionalismo. Centrou os seus estudios na lingüística xeral e na fonoloxía, baseándose na premisa de que o obxecto básico da linguaxe é o de satisfacer as necesidades comunicativas, polo que é básico determinar os trazos lingüísticos capaces de transmitir información. Da súa produción destacan Phonology as Functional Phonetic (1949), Economie des changements phonétiques: traité de phonologie diachronique (1955), Èléments de linguistique générale (1960), A Functional View of Language (1962), La linguistique synchronique. Études et recherches (1965), Le langage (1968), redactado por un equipo de lingüistas que el dirixía, La Linguistique synchronique: etudes et recherches (1974), Evolution des langues et reconstrution (1975), Grammaire fonctionnelle du français (1979), dirixida por el, Syntaxe générale (1985) e Fonction et dynamique des langues (1989).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Saint

  • Deceso

    Lugar : Villards, Savoia

  • Deceso

    Lugar : París