Martínez Montañés, Juan
Escultor barroco. Coñecido como Juan Montañés, foi discípulo de Pablo de Rojas, en Granada. Cara a 1587 desprazouse a Sevilla, onde estableceu o seu propio taller. Para a catedral desta cidade recibiu encargos como o Cristo de la Clemencia ou Crucifijo de los Cálices (1603) e Niño Jesús (1607). De 1612 foi o Cristo con la cruz a cuestas, para a igrexa de San Salvador de Sevilla e en 1620 remata o retablo, -do que destaca o san Jerónimo (1911)- do mosteiro de San Isidoro del Campo en Santiponce. A partir deste momento reduciu a súa produción, pero incrementou a calidade, pois puxo un maior coidado nos volumes, incrementou os efectos de claroscuro e optou por unha maior complexidade compositiva, como se aprecia na Adoración de los pastores, que fixo para o retablo do convento de San Leandro de Sevilla, ou en imaxes de santos como san Francisco de Borja (1625). Outra obra importante desta época foi a Inmaculada (1629), para a catedral sevillana, na que insistiu en resaltar a humanidade da Virxe. Cara a 1630 tivo lugar unha última etapa (san Juan Bautista de Toledo 1638; san Juan Evangelista, 1638) na que, baixo a influencia de Alonso Cano, incrementou as expresións anhelantes das figuras e abrandou as formas. En 1865 viaxou a Madrid, onde traballou na realización dun busto do Rei Filipe IV. Ao ano seguinte regresou a Sevilla, onde realizou as súas últimas obras, como o retablo de san Miguel en Jerez de la Frontera, no que destaca o relevo Batalla de los Ángeles (1641).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Alcalá la Real, Jaén -
Deceso
Lugar : Sevilla