Mártires, Manuel de los
Mártires, Manuel de los
Arquitecto e relixioso dominicano. Adoptou para os seus proxectos o estilo barroco que desenvolveu por completo en Santiago de Compostela. Formouse con F. de Casas Novoa, con quen construíu a igrexa conventual de Santa María de Belvís e proxectou tamén dous tramos do claustro e o refectorio do convento. En San Martiño Pinario construíu a portada do mosteiro, cara a 1751, así como as escaleiras de entrada á igrexa e á cámara do claustro da portería. En 1753 trazou os planos para o colexio de San Xerome e proxectou os dous claustros posteriores do Hospital Real de Santiago de Compostela.