Martul Tobío, Luis

Martul Tobío, Luis

Profesor. Doutorouse (1980) en Literatura Hispánica pola Universidad Complutense de Madrid coa tese La novela del mundo guaraní: estruturas económico-sociales (1985). Profesor de literatura hispanoamericana na Universidade de Santiago de Compostela, a súa obra abrangue varios campos da literatura e da cultura. Traduciu obras de autores como Alain Badiou (Rapsodia polo teatro (Breve tratado filosófico), 1993; Beckett. O incansable desexo, 1997; A revolución cultural. A derradeira revolución?, 2003; e Intervencións. Colectánea de textos, 2004), Sylvain Lazarus (Os tres reximes do século, 2002), François Regnault (Espectador e actor, 1995) e Pearse Hutchinson (Achnasheen. Corenta e catro poemas irlandeses, 2002). Colaborador do Ditionary of Literature of the Iberian Peninsula (1992), tamén escribiu, en colaborarición, Xavier Bóveda. Belezas locais, bohemia, aventura emigrante (2002). É membro fundador da Asociación Española de Estudios Literarios (1992) e membro do consello asesor da Serie Hispanic Studies, da editorial Peter Lang (1987).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña