martyrium*

martyrium*
s m [ARQUIT/RELIX]

Edificio de culto construído sobre o lugar en que se produciu algún feito especial, particularmente a morte dalgún persoeiro, dun mártir ou do propio Xesús Cristo, ou tamén o lugar onde foi enterrado. Sobre unha planta central, o martyrium podía ter forma circular, como o Santo Sepulcro; poligonal, como a capela da Ascensión; ou de cruz como Qal’at Se’ m ǎ n, preto de Alepo.

Palabras veciñas

Marty, André | Marty, Anton | martyrion* | martyrium* | maruca | Marufa | marulán