maruca
maruca
Nome científico:
[Molva molva, Fam dosgádidos]
s
f
[ANIMAL/ICT]
Peixe mariño de corpo longo, que pode alcanzar os 2 m, delgado e coa cabeza pequena. A mandíbula superior sobrepasa lixeiramente a inferior e no queixo presenta unha longa barbadela. Ten dúas aletas dorsais, a primeira é curta e redonda e a segunda longa, chegando á caudal e ambas as dúas con manchas escuras na parte traseira. As pélvicas son curtas e non alcanzan o extremo das pectorais. É de cor dourada por riba e xaspeada por debaixo. Aliméntase de peixes, crustáceos e estrelas de mar. Atópase fundamentalmente en fondos rochosos a 300-400 m de profundidade e vive sobre todo no Atlántico.