Marx, irmáns
Familia de actores cinematográficos estadounidenses composta por Leonard (Nova York 22.3.1891-11.10.1961; Chico), Arthur (Nova York 23.11.1895-Los Angeles, California 28.9.1964; Harpo), Julius (Nova York 2.10.1895-Los Angeles, California 19.8.1977; Groucho), Milton (Nova York 23.10.1894-Palm Springs, California 21.4.1977; Gummo) e Herbert (Nova York 25.2.1901-Palm Springs, California 30.11.1979; Zeppo). Aínda que nalgunha ocasión traballaron xuntos, Chico, Harpo e Groucho formaron un equipo que acadou sona internacional. Foron célebres as súas escenas cómicas cheas de ironía, excesos e crítica social. Da súa produción destacan Duck Soup (1933), A Night at the Opera (1935), A Day at the Races (1937), At the Circus (1939) e Go West (1940).