Marx, Karl Heinrich

Marx, Karl Heinrich

Filósofo, político e economista alemán. Foi, xunto con F. Engels, o creador do socialismo científico e o fundador da Liga dos Comunistas (1847). O estudo e a crítica da economía política, especialmente da inglesa, foron os factores desencadeantes na formación da teoría marxista da sociedade ou materialismo histórico, e as implicacións políticas inherentes á análise que se incluían sobre o capitalismo deron lugar ao socialismo científico, base teórica da revolución proletaria. En 1931 comezou a traballar na redacción do xornal Rheinische Zeitung (Gaceta Renana), que dirixiu (1842-1843) ata que foi clausurado. Ante a imposibilidade de traballar en Alemaña, trasladouse a París onde coñeceu a F. Engels, con quen colaborou constantemente, e a outros revolucionarios como Mikhail A. Bakunin ou L. Blanqui. Foi expulsado de Francia polas súas colaboracións no semanario Vorwärts e marchou a Bruxelas (1945). En 1949 chegou a Londres, onde permaneceu o resto da súa vida e escribiu a súas obras máis importantes mentres mantivo un estreito contacto coas organizacións revolucionarias. Redactou, xunto a Engels, o Manifest der Kommunistischen Partei (Manifesto do Partido Comunista, 1848), un chamamento revolucionario ao proletariado mundial que se converteu na doutrina do socialismo moderno. Nel afirmou que a solidariedade internacional dos traballadores en busca da súa emancipación debe superar o poder dos estados nacionais e pretendía unha revolución internacional que derrubase a burguesía e o capitalismo e implantase o comunismo cunha sociedade sen clases. Co materialismo histórico explicou que o sistema económico dominante en cada época determina a estrutura social e a superestrutura política. A concepción materialista da historia baséase en que a produción e o intercambio de produtos constitúen a base de toda orde social, principio recollido en Zur Kritik der politischen Ökonomie (Crítica da economía política, 1859). En Das Kapital (O Capital, tres volumes, 1867, 1885 e 1894) e Theorien über den Mehrwert (Teorías sobre a plusvalía, 1861-1863), formulado como unha cuarta parte de Das Kapital, fixo unha análise histórica detallada da economía do sistema capitalista, desenvolveu a teoría de que a clase traballadora é explotada pola clase capitalista, que se apropia da plusvalía, e expuxo as teorías do valor, da plusvalía e da acumulación do capital. Publicou Die Heilige Familie (A Sagrada Familia, 1845) e Die Deutsche Ideologie (A ideoloxia alemana, 1845-1846), aparecida postumamente en 1932. Con ambas as dúas obras comezou a formar a concepto marxista de superestrutura, de institucións e formacións ideolóxicas, de produción e de forzas produtivas. Na obra Der Bürgerkrieg in Frankreich (A Guerra Civil Francesa, 1871) analizou a experiencia da Comuna de París, interpretou a súa creación como unha confirmación da necesidade dos traballadores por tomar o poder mediante a insurección armada e destruír o estado capitalista. Fundou a Primeira Internacional (1864), que tamén presidiu (1864-1972), redactou os seus estatutos e organizou seis dos seus congresos. A súa análise do sistema capitalista, do materialismo histórico, da loita de clases e do concepto de plusvalía son os principais conceptos que renovaron a filosofía política contemporánea. Ao longo da súa obra tentou casar o idealismo alemán, en especial a filosofía de Georg W. F. Hegel, co materialismo científico da ilustración francesa radical. Tivo unha grande influencia noutros filósofos, como Ludwig A. Feuerbach e Claude H. de Rouvroy, e economistas, dos que destacan A. Smith, D. Ricardo e F. Quesnay.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Tréveris

  • Deceso

    Lugar : Londres