Masats, Ramon

Masats, Ramon

Fotógrafo. Considerado como un dos mestres da fotografía de posguerra en España, iniciouse na fotografía en 1956, con imaxes rupturistas e afastadas dos convencionalismos que retrataban escenas costumistas. Instalouse en Madrid (1957), traballou para a Gaceta Ilustrada, Ya, Arriba ou Mundo Hispánico e formou a Escuela de Madrid. A partir da década de 1960 dirixiu documentais, participou en cine e rodou series para televisión como Raíces (1971) ou Tauromaquia (1981). Publicou Neutral Corner (1962), Los Sanfermines (1963), España diversa (1981), Andalucía (1986), Toro (1998) ou Ramón Masats. Fotografías (1999).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Caldes de Montbui