Masinisa
Masinisa
Rei de Numidia, fillo do Rei Gaia. Durante as Guerras Púnicas, foi enviado a Hispania para axudar os cartaxineses contra os romanos. Volveu a África no 206 a C e, como lle usurparan o reino, aliouse con Roma e conquistou Cirta. No 202 a C participou na derrota de Aníbal e Cartago recoñeceu a independencia do seu reino. Coa axuda de Roma, pacificou o país e promoveu unha forte actividade agrícola e comercial. As súas continuas incursións na Tripolitania provocaron unha nova reacción dos cartaxineses (150 a C); coa intervención de Roma iniciouse a Terceira Guerra Púnica (149 a C).
Cronología
-
Deceso
-
Nacemento
Lugar : Numidia