Masquefa

Masquefa

Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (5.500 h [2001]). A economía céntrase na agricultura de secaño, no cultivo de vide, seguido dos cereais, amendoeiras e oliveiras, e a gandería no bovino, porcino e na cría de coellos. A industria está moi diversificada e radica nos polígonos.