Matěj Čapek, Karel
Matěj Čapek, Karel
Novelista checo. Coñecido como Karel Čapek-Chod, destacou pola mordacidade dos seus artigos en xornais, e as súas obras son unha crónica das condicións sociais e políticas do seu tempo, converténdose no máximo representante do naturalismo checo. Publicou as obras Kašpar Lén mstitel (A vinganza de Kašpar Lén, 1908), Turbina (A turbina, 1916) e Antonin Vondrejc (1917-1918).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Domažlice, Šumava -
Deceso
Lugar : Praga