Matera
Matera
Capital da provincia homónima, situada en Basilicata, Italia (57.075 h [2001]). É un centro agrícola e de industria téxtil, cerámica e alimentaria. Foi posesión bizantina e, ocupada polos normandos en 1064, posteriormente converteuse en propiedade da familia Orsini. En 1663 pasou a ser a capital de Basilicata, que en 1806 pasou a Potenza.