Matías
Matías
[ONOM]
Antropónimo masculino que ten a súa orixe no nome hebreo teóforo Matithyah ‘don de Iavé’ -do que tamén procede Mateo-, que pasou ao grego como Mattathías e ao latín como Mat(t)hias. Presenta a variante Macías. San Matías foi o apóstolo evanxelizador de Xudea. Na literatura destaca con este nome o poeta Macías o Namorado (s XIV).