Matías, san

Matías, san

(s I) Apóstolo. Proposto como un dos candidatos para substituír a Xudas Iscariote, foi designado por sorteo polos apóstolos. Evanxelizou Xudea e morreu lapidado diante do templo de Xerusalén. Na súa iconografía viste túnica e palio e leva unha machada, unha corda ao pescozo ou nas mans, pedras e   dous cravos, supostos instrumentos do seu martirio. A súa festividade celébrase o 14 de maio.

Palabras veciñas

Matías | Matías I | Matías I de Hungría o Corvino | Matías, san | matidez | Matilda | Matilde