Matilde

Matilde
[ONOM]

Antropónimo feminino que vén do nome xermánico Mahthildis, composto de maht ‘forza’ e hiltia ‘batalla’. Presenta a variante Matilda e os hipocorísticos Matucha, Mati, Tila. Santa Matilde de Alemaña (890-968) celébrase o 14 de marzo, e a de Inglaterra (1080-1118) o 30 de abril.