mato

mato

(< 1 mata)

  1. s m

    Conxunto de vexetación, xeralmente do monte, que se emprega para estrar o gando ou para outros fins.

    Ex: Haille que cambiar o mato ás vacas.

    Sinónimos: batume, broza, esquilmo, estrume, mulime, valume.
  2. s m [BOT/XEOL]

    Formación vexetal moi despexada, constituída por matas e arbustos máis ben baixos.

    Sinónimos: matagueira, matogueira.
  3. s m

    Terreo sen cultivar e cuberto de maleza mesta.

    Sinónimos: matagueira, matogueira.

Palabras veciñas

matización | matizar | matnawī* | mato | Mato | Mato | Mato Fondo, Miguel Anxo