Mato Fondo, Miguel Anxo
Profesor e escritor. Traballou como redactor curricular para a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, Vía Láctea e Bahía Edicións. Foi un activo colaborador do colectivo De Amor e Desamor, co que entrou en contacto en 1984. Participou en antoloxías e libros de autoría colectiva como Alén (1977), con X. R. Pena e P. Salinas, De Amor e desamor 1 (1984), De Amor e desamor 2 (1985) e Homenaxe a González Garcés (1991). Como ensaísta publicou diversos traballos sobre autores galegos como Eduardo Pondal, Álvaro Cunqueiro, Manuel María (Edipo, 2003), Ramón Cabanillas e Antón Avilés de Taramancos, e os ensaios A mazá e a cinza. A poesía galega após 1976 (1991), estudo sobre a poesía galega contemporánea, e A escrita da terra (Premio Espiral Maior de Ensaio, 1998). Tamén participou na realización de guións para medios audiovisuais sobre Álvaro Cunqueiro (Don Cunqueiro ou O camiño da memória, 1991), Luís Pimentel e Eduardo Pondal, e escribiu o libro de poesías O whiskey na barrica (Premio Fiz Vergara Vilariño 2004).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Ponteceso