Mátra

Mátra

Parte da cadea montañosa que percorre o N de Hungría, desde o río Zagyva, ao O, ata o Tarna, ao L, cunha extensión de 50 km. O seu cumio acada os 1.015 m de altitude no Kékes, o pico máis alto do país.