matres*
matres*
s
f pl
[MIT]
Divindades prerromanas atribuídas ao mundo céltico que simbolizan a maternidade e a fecundidade. Aparecen representadas xeralmente en grupos de tres, sentadas de fronte, unhas a carón das outras, coa cabeza tocada e cunha ou varias cestas de froitos no colo, ou ben cun corno da abundancia. Apareceron nomeadas e representadas en varias inscricións e monumentos pétreos atopados no S de Galicia e N de Portugal.