Mauroy, Pierre

Mauroy, Pierre

Político francés. En 1963 entrou no gabinete político do Parti Socialiste (PS), do que foi secretario xeral adxunto (1966-1970). Secretario nacional de coordinación do novo Parti Socialiste (1971-1979), despois da vitoria do PS nas eleccións de 1981 foi nomeado primeiro ministro e formou un goberno de coalición con representantes dos partidos socialista, comunista e radical de esquerda. Dimitiu do cargo en 1984 e foi secretario do PS no período 1988-1992. En 1992 substituíu a Willy Brandt na presidencia da Internacional Socialista. Elixido senador en setembro dese ano, foi reelixido en setembro de 2001.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Cartignies, Nord

  • Deceso

    Lugar : de Calais