Maximino, Xulio Vero
Maximino, Xulio Vero
o Tracio (Tracia 173 - Aquilea 238) Emperador romano (235-238). Despois do asasinato de Alexandre Severo (235) foi aclamado emperador polos soldados. O Senado, aproveitándose da revolta liderada por Gordiano I en África, declarouno inimigo público e enfrontouno con Balbino. Foi traizoado e asasinado polos seus soldados.