Mayer Castro, Enrique

Mayer Castro, Enrique

Gravador e acibecheiro. Discípulo de Modesto Brocos e de Arturo Carretero, gravou madeira e metal e colaborou en diversas publicacións. Ilustrou obras como Historia de la Catedral Compostelana ou Lecciones de Arqueología Sagrada de López Ferreiro, e realizou, con Enrique Campo Sobrino, os debuxos de catalogación da riqueza artística de Pontevedra e do arcebispado de Tui (1909). Tamén escribiu Prioridad de un artista santiagués respecto al perfeccionamiento del grabado en madera (1903).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela

  • Deceso