Mazowsze
Mazowsze
  
  
        
  
  
  
  
        Rexión histórica do L de Polonia, situada ao O de Podlaquia. Rexión chaira, comprende a conca media do Vístula e o curso baixo do Bug, inclúe as rexións naturais de Plock-Ciechanów, Sochaczew, Grójec e Czersk, e constitúe en conxunto unha gran área agrícola con cultivos de cereais, patacas, e liño. Varsovia é o primeiro centro rexional. Entre 1194 e 1526, esta rexión foi un principado gobernado por unha rama da familia dos Piast.
