Mazury

Mazury

Rexión lacustre do centro-norte de Polonia, situada ao O do curso baixo do Vístula. Presenta un clásico relevo de orixe glaciario, cunha paisaxe chaira, alterada por unha serie de outeiros morénicos. Os vales fluviais secundarios constitúen as principais vías de comunicación e o resto da rexión presenta un carácter boscoso, cunha poboación escasa. A agricultura, a gandería e a explotación forestal son as principais actividades económicas.