mecanicismo
(< mecánica)
-
s
m
[FILOS]
Doutrina segundo a que a realidade, ou polo menos a realidade natural, é concibida como unha máquina ou un mecanismo, ou é explicada segundo un modelo mecánico. A concepción mecanicista do mundo establece o real como un corpo único rexido por leis mecánicas ou ben como un conxunto de corpos en movemento (coincidindo fundamentalmente co atomismo) e afirma a posibilidade e mesmo a necesidade de dar conta dos fenómenos naturais a partir de modelos mecánicos. Facilmente vinculado a unha concepción materialista da realidade (materialismo mecanicista), o mecanicismo foi rexeitado polo propio materialismo, nas súas modalidades de comprensión máis humanistas (marxismo e materialismo dialéctico).
-
s
m
[MED]
Teoría que pretende explicar os fenómenos vitais por medio de leis físicas da mecánica, oposta ao vitalismo.