Mečnikov, Ilja Iljič
Mečnikov, Ilja Iljič
Bacteriólogo ucraíno. Estudiou nas universidades de Jarkov e Wurzburg, foi catedrático de Zooloxía nas universidades de Odessa e Messina, e traballou no Instituto Bacteriolóxico de Odessa e no Instituto Pasteur de París. En 1883 descubriu os fagocitos e a dixestión intracelular. Das súas obras cómpre destacar L’immunité dans les maladies infectieuses (1902). Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1908), xunto con P. Ehrlich, polas súas achegas á inmunoloxía.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Ivanivka -
Deceso
Lugar : París