Medellín

Medellín

Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, bañado polo Guadiana preto dos montes de Mérida (2.409 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, na pesca e nas industrias derivadas. Destaca o castelo de orixe romana, reconstruído no s XIV, cunha gran torre cadrada e dous recintos divididos por unha muralla, que foi declarado BIC en 1931.