medicamento
medicamento
(< lat medicamentu)
s
m
[MED]
Substancia, simple ou composta, que se emprega cunha finalidade terapéutica contra as manifestacións patolóxicas, tanto se produce a curación suprimindo a causa da enfermidade, como se simplemente atenúa os síntomas. Pódense clasificar en formas oficinais ou galénicas, isto é, produtos naturais preparados e combinados polo boticario segundo as fórmulas dun determinado código; preparacións maxistrais, prescritas polo médico, que fornece a composición, e elaboradas polo farmacéutico a partir de drogas, produtos químicos e preparacións galénicas; e medicamentos especiais, designados por un nome rexistrado, cunha composición, eficacia terapéutica e inocuidade garantidas por un visado oficial.