Medina
Medina
Cidade de Arabia Saudí (608.300 h [1992]). Cidade santa do Islam, xunto coa Meca, cambiou o seu nome antigo, Al-Yat_rib, polo actual (Cidade do Profeta) cando Mahoma se refuxiou alí en 622. Foi residencia dos tres primeiros califas. Durante a dominación otomana (1517-1916) dependeu dos wahhabitas (1803-1813), e volveu depender deles coa conquista de ibn Sa’ūd en 1924. A mesquita, que contén a tumba de Mahoma, foi construída en 706 e refeita no s XIII.