Medina de Rioseco
Medina de Rioseco
Municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, situado en La Tierra de Campos e bañado polo río Sequilla (4.962 h [2001]). É o núcleo dunha fértil comarca agrícola e un centro comercial de produtos da terra. Do seu patrimonio cultural destacan a custodia de Antonio de Arfe (1552), na igrexa de Santa María (s XV), e o retablo da Concepción da capela dos Benavente, de Juan de Juni.