Mediona

Mediona

Municipio situado na provincia de Barcelona, no límite co Anoia, Catalunya (1.503 h [2001]). A parte cultivada é case toda de secaño e os principais cultivos son a vide e os cereais. Antigamente explotáronse algunhas canteiras de calcaria, para a construción, e bauxita. Posúe unha fábrica téxtil e unha de manipulación de papel.