megálito
megálito
(< mega- + -lito)
s
m
[PREHIST]
Monumento prehistórico construído cunha ou varias pedras de gran tamaño e sen labrar, xeralmente chantadas na terra e que, en ocasións, presentan cuberta. Os megálitos máis correntes son os funerarios, sepulcros colectivos de diversos tipos (dolmen, galería cuberta, sepulcro de corredor, sepulcro de baixa cúpula), que xeralmente están cubertos por un túmulo; entre os non funerarios destacan as pedrafitas e os círculos líticos. Foron construídos durante o final do Neolítico e as primeiras idades dos metais, nunha boa parte de Europa e nalgunhas outras zonas.