Megástenes

Megástenes

Historiador e xeógrafo grego. Seleuco I Nicator encargoulle unha embaixada en India (295 a C), onde residiu en Patna. Ao seu regreso escribiu Indica, un libro que se considera como fonte principal de información sobre India no mundo grego, e do que se conservaron algúns fragmentos.