Mehmet II
Mehmet II
Sétimo sultán otomano (1444-1446 e 1451-1481), fillo de Murat II. Conquistou Constantinopla (1453) e ocupou Serbia (1459) e Morea setentrional (1460). A longa guerra contra Venecia (1463-1479) levou á anexión turca de Negroponto (1470) e Scutari (1479). Púxolle fin ao dominio xenovés no Mar Negro en Sinop e Trebisonda (1461), pero fracasou en Rodas fronte aos cabaleiros da orde de San Xoán (1480).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Edirne -
Deceso
Lugar : Tekfur Cayiri