Mehta, Zubin

Mehta, Zubin

Director de orquestra indio. Con 18 anos recibiu clases de dirección orquestral de Hans Swarowsky na Academia de Música de Viena. Debutou na Metropolitan Opera en 1965 con Aida e en 1977 no Convent Garden con Otelo, de Verdi. Dirixiu a Montreal Symphony (1961-1967), a Los Angeles Philarmonic (1962-1978), e a New York Philarmonic (1978-1991), xunto coa Israel Philarmonic Orchestra desde 1969, da que foi nomedado director vitalicio en 1981. En 1998 foi nomeado director da Ópera Estatal de Viena e en 2004 director de honra da Orquestra Filharmónica de Múnic. O goberno Indio condecorouno co Padmabhushan (Orde de Loto) e o italiano nomeouno commendatore en 1976. En 1991 recibiu o Israel Prize (1991).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Bombai