Meissen
Meissen
Cidade do land de Saxonia, Alemaña, situada á beira do río Elba (34.700 h [1990]). Fundada en 929 por Enrique I de Alemaña, converteuse na capital dunha poderosa marca, e pasou a Prusia en 1745. O castelo de Albrechtsburg, dos últimos momentos do s XV, converteuse en sede da manufactura de porcelana de Meissen. Fundada en 1710 por J. F. Böttger, descubridor en Europa da fórmula da porcelana dura chinesa, foi a primeira manufactura europea deste tipo de porcelana.